O alumnado dos centros educativos de Moaña anima a usar o galego e a participar no CORRELINGUA 2023 que terá lugar en Moaña o 25 de maio de 2023 coa participación de máis de 2000 escolares dos centros de ensino do Morrazo.
No vídeo, creado de forma colaborativa, participa alumnado do CEIP Plurilingüe de Tirán, CEIP de Abelendo, CEIP de Quintela, EEI do Con, EEI de Verducedo, CEIP de Seara, CEIP de Reibón, IES A Paralaia, CEIP da Guía e CEIP Plurilingüe de Domaio.