Busca proporcionar unha información actualizada e de calidade sobre os servizos da vila.
A información que se difunde por medio desta web é a vixente no momento da súa publicación e actualizarase coa maior brevidade posible.
No caso de que se publique na web información facilitada por terceiros, esta será responsabilidade da persoa ou entidade provedora. O Concello de Moaña vela por que as e os provedores desta información garantan a súa actualización e o respecto segundo a normativa vixente.
É obxectivo do Concello que a información que se difunde sexa completa, veraz, precisa, útil e accesible, e que cumpra os requisitos de calidade previstos pola lexislación vixente.
Permite o acceso con independencia da opción tecnolóxica elixida polas persoas usuarias, particularmente mediante as tecnoloxías baseadas en estándares abertos.
Garante a seguridade e a protección dos datos persoais.
Os datos de carácter persoal (nome, apelidos, enderezo etc.) que recolle e trata o Concello de Moaña, na súa relación coa cidadanía (trámites, solicitudes, participación en plataformas, convocatorias etc.) intégranse nos ficheiros correspondentes do Concello de Moaña.
Cando a cidadanía proporciona datos, outorga o seu consentimento expreso e inequívoco ao feito de que sexan obxecto de tratamento. Só se tratan os datos que son axeitados, pertinentes e non excesivos para o cumprimento das finalidades previstas.
O Concello de Moaña garante a confidencialidade no tratamento dos datos de carácter persoal, así como a implantación das medidas, de orde técnica e organizativa, que garantan a seguridade de acordo coas previsións da Lei orgánica de protección de datos de carácter persoal (LOPD 15/1999, do 13 de decembro).
As cidadás e os cidadáns (persoas usuarias) poden exercer os dereitos que garanten o control dos datos persoais: dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, previstos na normativa vixente.
Segue unha política de cookies respectuosa coa privacidade.
Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a navegación e ofrecer contidos e servizos de interese.
Permite e fomenta a reutilización da información difundida, cos límites que este aviso legal prevé e que a lexislación vixente impón.
O Concello de Moaña permite reutilizar todos os datos e informacións difundidos por medio desta web, sempre que non se indique o contrario, coas condicións seguintes:
En todos os casos, a posibilidade de reutilizar información queda limitada pola necesaria protección doutros dereitos, bens ou intereses de acordo co establecido na lexislación vixente. En particular, calquera acto de reutilización da información contida nesta web debe garantir a protección do réxime de propiedade intelectual e industrial e do réxime de protección dos datos persoais.
En concreto, a reutilización de obras e prestacións protexidas polo réxime de propiedade intelectual queda suxeita aos termos da licenza de propiedade intelectual que se estableceu en cada unha delas. Queda prohibida a reutilización de obras e prestacións das que se indicou a reserva dos dereitos de propiedade intelectual.
Protexe a propiedade intelectual industrial e fomenta as licenzas abertas.
O Concello de Moaña é o titular dos dereitos de propiedade intelectual das obras e prestacións que integran esta web, ou ben posúe a cesión do seu uso. Isto inclúe o deseño gráfico e o software desta web, como tamén os textos, as imaxes e as gravacións que contén. A reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación destas obras e prestacións require a autorización do titular, á marxe das actividades directamente autorizadas pola Lei de propiedade intelectual.
No caso de que se mostren contidos sometidos a unha licenza Creative Commons, estes especifícanse nos apartado “Condicións específicas desta web”.
As marcas, nomes comerciais e signos distintivos que aparecen nas webs do Concello poden estar protexidos por réximes de propiedade industrial e pertencen a quen sexa titular respectivamente. Queda prohibido calquera uso que non teña a autorización do ou da titular ou que non estea amparado pola lei.
Se calquera cidadán considera que esta web ou o seu contido supoñen a infracción dalgún dereito de propiedade intelectual ou industrial, debe notificalo ao Concello, indicando o seu nome, a titularidade de dereitos (achegando a proba ou acreditación correspondente) e o obxecto do dereito supostamente infrinxido.
Está presente en diferentes redes sociais e plataformas.
O Concello está presente en diferentes redes sociais e plataformas, como Facebook, Twitter, Instagram, YouTube, LinkedIn ou Issuu. Cando se accede a calquera destas ou outras redes, hai que ter en conta que as condicións de uso aplicables son as que cada plataforma ten establecidas, as cales non están determinadas polo Concello.
Axústase ao marco legal en vigor en materia de responsabilidade polos contidos.
O Concello asume, de acordo coa lexislación vixente, a responsabilidade polos contidos desta web que sexan elaborados polo propio Concello. Con respecto aos contidos fornecidos polas persoas usuarias e terceiras, sonlles de aplicación as exclusións de responsabilidade previstas nos artigos 13 a 17 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico. En particular, con respecto aos contidos enlazados, aplícase a exclusión de responsabilidade do artigo 17 da mencionada lei.
O Concello non responde do mal uso que as persoas usuarias poidan facer dos contidos da web. Tampouco se fai responsable das dificultades de acceso que poida haber para entrar ao portal nin do mal funcionamento deste que sexa atribuíble a causas alleas ao Concello.