Caranvexo TV

Televisión Escolar de Moaña

Caranvexo TV,
unha aposta pola educación

O Concello de Moaña pon a andar Caranvexo, a TV escolar de Moaña, co propósito de desenvolver un recurso de innovación educativa pensado como un proxecto colectivo, participativo e transversal para contribuír na construción dun ámbito educativo moañés, que vincule os diferentes centros educativos deste termo municipal. Este proxecto é sen ánimo de lucro e o acceso ao sitio web é gratuíto.
A lingua de traballo e de comunicación desta plataforma é o galego co fin de dinamizar o seu uso oral. O alumnado, e o conxunto da comunidade educativa, ten á súa disposición unha ferramenta educativa na que pode elaborar un mundo propio na nosa lingua, que tamén potencie, coa produción de contidos, a creación de espazos de comunicación en galego.

Categorías

Comparte esta páxina

Contacta

Concello de Moaña

As Barxas s/n.
Moaña 36959
Pontevedra

Tel: +34 986 310 100

Editor

Este sitio web utiliza cookies para garantir que teñas a mellor experiencia de navegación. Grazas pola túa visita. Saber máis

Aceptar