CARANVEXORNAL EEI DE VERDUCEDO

1ª Edición

  • Autoría: EEI de Verducedo
  • Data de creación: 14 Febreiro 2019
  • Categorías: CaranveXornal
  • Duración: 16min

Descrición

Xa está aquí a primeira edición do Caranvexornal da nosa escola!!

Levamos meses traballando nel, grabando infinidade de contidos que pensamos poden ser interesantes para incluír neste noticiario tan especial.

Tiñamos tantos minutos de grabación que tivemos que facer unha pequena escolma, e as reportaxes finalmente seleccionadas foron as seguintes:

1. Obradoiros internivelares: un día á semana, mesturamos aos nenos de 3, 4 e 5 anos para facer os seguintes obradoiros:

Artisteando (Obradoiro de Arte)

RRR  (Obradoiro de Reciclaxe)

ExperiMente  (Obradoiro de Experimentos)

Plantas plantas? (Obradoiro de Horta)

2. O noso proxecto - O Bosque Encantado de Verducedo: investigamos qué cousas podemos atopar nun bosque encantado. As casiñas dos gnomos son os cogomelos! Polo que en outono realizamos unha gran exposición de cogomelos.

3. Actividades complementarias: destacamos a visita dos Bolechas á nosa escola, unha das actividades sobre compostaxe que nos ofreceu Revitaliza e a xornada de convivencia que compartimos coa EEI do Con polo Día da Paz.

4. Tomas falsas: xa vos imaxinades o que da de sí grabar con rapaces e rapazas de 3 a 5 anos... non podíamos deixar pasar a oportunidade de compartir con vós algunhas das tomas máis simpáticas que quedaron fora do telexornal "oficial"

Agardamos que desfrutedes e vos divirtades vendo o noso Caranvexornal tanto coma nós facéndoo!!

Calificación

0.0/5 valoración (0 votes)

Deixa un comentario

Por favor autentifícate como usuario para deixar un comentario.
Comparte esta páxina

Contacta

Concello de Moaña

As Barxas s/n.
Moaña 36959
Pontevedra

Tel: +34 986 310 100

Editor

Este sitio web utiliza cookies para garantir que teñas a mellor experiencia de navegación. Grazas pola túa visita. Saber máis

Aceptar